Dende os seus inicios, un dos obxectivos prioritarios da empresa foi facer compatible en todo momento a seguridade das persoas e a protección do medio ambiente coa actividade industrial, así como chegar ós seus clientes cuns productos de máxima Calidade. Con este obxectivo, e gracias ó esforzo de tódolos seus traballadores, foi implantado e certificado por AENOR un Sistema Integrado de Xestión da Seguridade, do medio ambiente e a calidade baixo as Normas OHSAS 18001, ISO 14001 e ISO 9001 respectivamente, que ademais encóntrase certificado e adherido a un sistema voluntario de ecogestión e ecoauditorias europeo (EMAS).