Forestal del Atlántico
Situada na marxe sur da ría de Ferrol, no Concello de Mugardos (A Coruña).
Ten a súa orixe en 1977 cando Bazán e Astano fundan DESSA para o deslastre, desgasificación e limpeza dos buques antes de proceder á súa reparación nos estaleiros da ría.
Forestal nace en 1989 coa finalidade de fabricar colas e resinas para as industrias dos taboleiros, constituíndo na actualidade un complexo industrial diversificado con diferentes actividades que en total suman unha facturación próxima ós 80 millóns de Euros e que xeran un emprego directo preto ás 200 persoas.